Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de auto de aclaración (323/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 323/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago Méndez López contra Nutrifitness Personal Trainers, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou Resolución do 6 de febreiro de 2019, contra a cal non cabe interpor ningún recurso distinto do que, de ser o caso, se poida interpor contra a resolución aclarada. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nutrifitness Personal Trainers, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza