Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4206/2019, interposto contra a Orde do 5 de xuño de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, na rúa Camiño de Monelos, no concello da Baña.

Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4206/2019, interposto contra Orde do 5 de xuño de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na rúa Camiño de Monelos, no concello da Baña, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo