Segundo o establecido no artigo 26.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, a persoa titular da Dirección do Fogga é nomeada e separada por decreto do Consello da Xunta de Galicia entre as que teñan a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural.
Na súa virtude e consonte o establecido no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de febreiro de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia e con efectos do día dous de marzo, Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e sete de febreiro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural