Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14223

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 21 de febreiro de 2020 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Por Orde desta Consellería do 20 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

De conformidade co establecido no artigo 32 do Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro), modificado polo Decreto 171/2019, do 19 de decembro (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro de 2020), e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta Consellería do 20 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro).

Segundo. Vista a proposta realizada polo Consello Reitor da Axencia en sesión celebrada o 21 de febreiro de 2020, seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Xestión e Servizos Xerais.

Nome e apelidos: José Luis Beiras Padella.

DNI (*): ***9445**.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.