Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 13947

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2020.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña (UDC) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a realización de prácticas académicas externas curriculares de estudantes da Facultade de Socioloxía.

22.10.2019

0 €