Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14031

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (52/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 52/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Iglesias Vázquez contra Áncora Hispania, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou con data do 5 de febreiro de 2020 sentenza que é firme e contra a que non cabe recurso.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución na secretaría do dito órgano xudicial.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza