Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 13902

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o ano 2019.

No Diario Oficial de Galicia nº 239, do 17 de decembro de 2018, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do 26 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas no ano 2019 para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 26.11.2018; DOG núm. 239, do 17 de decembro)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para o ano 2019 (aplicación orzamentaria: 2019.08.02.512A.481.1)

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.

NIF

Entidade

Importe

G15248859

Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionais e Especiais (Acotrades)

30.475,32 €

G15624281

Asociación Empresarios Transportistas do Servizo Discrecional de Viaxeiros da Comunidade de Galicia (Anetra-Galicia)

16.754,20 €

G36627719

Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionais de Mercadorías de Pontevedra (Asetranspo)

58.841,91 €

G15086341

Federación Galega de Servizos de Transporte en Autobús (Fegabus)

12.681,20 €

G15353543

Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi)

23.579,31 €

G15086358

Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer)

79.264,71 €

G32400293

Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais do Transporte (Fegatrans)

62.452,73 €

G70209234

Federación Galega de Transporte de Viaxeiros (Fegatravi)

31.688,55 €

G32345670

Federación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Fetram)

46.507,35 €

G70037544

Asociación Empresarial de Aluguer de Vehículos con e sen Condutor de Galicia (Galeval)

2.253,15 €

G15640808

Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viaxeiros en Autocar (Transgacar)

26.460,08 €

G70231121

Asociación de Transporte Urbano Colectivo de Galicia (Urbanos)

9.041,49 €

Total..............

400.000,00 €