Unha vez convocada mediante Resolución do 4 de novembro de 2019 (DOG nº 225, do 26 de novembro), a provisión de varios postos de supervisor/a da Área Funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, polo sistema de libre designación, esta xerencia, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, e de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a da Área Funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, convocados mediante a Resolución do 4 de novembro de 2019 (DOG nº 225, do 26 de novembro).
Segundo. Nomear, para os postos indicados, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Os/as aspirantes nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen no se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra esta resolución, poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 17 de febreiro de 2020
Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee
ANEXO
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Admisión.
Centro: Hospital Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María del Pilar Chouza Insua.
DNI (*): ***6240**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Atención Continuada.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Paola de Castro García.
DNI (*): ***1765**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Atención Continuada.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María Mercedes Fernández Jover.
DNI (*): ***0025**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Atención Continuada.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María Begoña Pedrouzo Roca.
DNI (*): ***6497**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Atención Continuada.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María Taboada Miranda.
DNI (*): ***9883**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Bloque Cirúrxico.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María Dolores González Rodríguez.
DNI (*): ***4279**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Calidade.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María Eva Campos Oubel.
DNI (*): ***5096**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Formación.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Estela María Souto Fernández.
DNI (*): ***9351**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de H. Marítimo Oza-H. Teresa Herrera.
Centro: H. Teresa Herrera.
Nome e apelidos: Margarita Corral Suárez.
DNI (*): ***9818**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Hospitalización HUAC.
Centro: Hospital Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Ana Belén García Costa.
DNI (*): ***3052**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Recursos Humanos.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Lorena Castro Aradas.
DNI (*): ***1112**.
Denominación do posto: supervisor da Área Funcional de Recursos Materiais.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Francisco Javier Rodríguez Costa.
DNI (*): ***1913**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Servizos Centrais (Farmacia/Laboratorios/Radiodiagnóstico/Endoscopias).
Centro: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María Rita Rivas Lagüela.
DNI (*): ***3540**.
Denominación do posto: supervisora da Área Funcional de Urxencias HUAC.
Centro: Hospital Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Beatriz del Carmen García Trigo.
DNI (*): ***0094**.
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.