Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019157AL-PO por infracción en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2019157AL-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á persoa/entidade que se sinala no anexo de de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2019157AL-PO.

Documento de identificación: E27832013.

Último enderezo coñecido: rúa Camiño Portal, 3, Valadares, 36314 Vigo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 4.000,80 €.