Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13785

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) da campaña 2019.

Mediante a Orde do 22 de xaneiro de 2019, a Consellería do Medio Rural regulou a tramitación de solicitudes de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) da campaña 2019.

O artigo 22 da citada orde dispón que a resolución das solicitudes de modificación do Sixpac corresponde á persoa titular da Dirección do Fogga, que ditará a resolución correspondente que será notificada aos interesados. Conforme se indica no artigo 28 da mesma orde, todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De conformidade co establecido no artigo 45.1 da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.

En relación coas alegacións ou solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2019, logo do informe da Subdirección Xeral de Xestión da PAC, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da Orde do 22 de xaneiro de 2019.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón: https://fogga.xunta.gal/

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas no Portal de axudas PAC as resolucións completas das solicitudes citadas no número primeiro desta resolución.

O acceso ao dito portal poderá realizarse a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Neste portal, cada persoa interesada poderá acceder ao contido da súa resolución individualizada mediante certificado dixital ou DNI-e (DNI electrónico) ou emprego da Chave365. A información sobre a forma de alta da Chave365 atópase na ligazón que se indica a seguir: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria