Unha vez informada favorablemente polo Servizo de Montes da Coruña a proposta de deslindamento parcial con predios particulares presentada pola comunidade de montes veciñais en man común de San Cristovo de Abanqueiro, concello de Boiro, e de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, expoñerase a documentación na oficina de Silvogal, avenida da Constitución, 39, entresollado, no concello de Boiro. Teléfono de contacto 699 06 89 68. Tamén estará dispoñible no Servizo de Montes da Coruña, r/ Vicente Ferrer, 2, 6º andar, á norte.
Ábrese un prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os estremeiros que desexen comparecer poidan presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade na oficina de Silvogal, avenida da Constitución, 39, entresollado, co concello de Boiro.
A Coruña, 11 de febreiro de 2020
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña