Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hind Jaouad contra a empresa Ivanilde Pereira da Silva, sobre ordinario, ditouse dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e Decreto do 5.2.2020 impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Ivanilde Pereira da Silva, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 5 de febreiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza