Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se anuncia procedemento de concurso público para a concertación do alugamento dun inmoble con destino a dependencias do Distrito Forestal XII-Miño-Arnoia, da Consellería do Medio Rural.

1. Entidade adxudicadora:

Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: arrendamento.

Finalidade: loxística do Distrito Forestal XII-Miño-Arnoia.

Descrición do obxecto: a localización do inmoble será dentro do termo municipal dos seguintes concellos: Ourense, O Pereiro de Aguiar, Barbadás e San Cibrao das Viñas.

Contará cun acceso ás vías principais de comunicación para o acceso a toda a demarcación do Distrito Forestal.

Superficie:

O inmoble deberá dispoñer dunha superficie construída total comprendida entre 900-1.500 m².

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público.

4. Tipo de licitación:

Prezo máximo de 1.600 €, máis IVE.

Duración: 10 anos.

5. Obtención de documentación e información:

Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Edificio Administrativo da rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 41 51.

Fax: 981 54 58 70.

Páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/concursos/arrendamentos

Correo electrónico: ignacio.garcia.de.los.huertos.vidal@xunta.gal

6. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: 27.3.2020.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7. Apertura das ofertas:

Data: 29.4.2020.

Hora: 10.00 horas.

Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo da rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.

8. Gastos do anuncio:

Os gastos que orixine a publicación dos anuncios do concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2020

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda