De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 11 de febreiro de 2020
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-012/08.
DNI: 33329136C.
Acto obxecto de notificación: requirimento en relación co expediente de construción PO-2001NR/01, conta 69.