Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2020 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes de autorización en materia de dominio público hidráulico (expediente de clave DH.W36.59597 e tres máis).

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH. W36.59597 e tres máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes están ao seu dispor nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente clave

DNI/NIE interesado

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W36.59597

36067994S

12.11.2019

Desistencia

DH.W27.59083

33761984P

5.11.2019

Desfavorable

DH.W15.66856

32642887E

23.9.2019

Favorable

DH.B36.66369

36114951Y

1.11.2019

Favorable