Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13493

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

A Resolución do 27 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo durante o terceiro cuadrimestre do ano 2019, foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 5 de febreiro de 2020.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 24, do 5 de febreiro de 2020, é necesario incluír os convenios de colaboración relacionados a continuación, que se engaden aos xa publicados:

Corrección de erros. Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Título

Data da sinatura

Importe

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Agolada para a rehabilitación das antigas cortes dos cabalos do recinto dos Pendellos de Agolada.

27.12.2019

45.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello da Pobra do Caramiñal para obras de acondicionamento no Museo Valle Inclán.

27.12.2019

35.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Noia para a dotación de equipamento para a posta en funcionamento do edificio municipal do casino Centro de Visitantes Multifuncional do Xeodestino da ría de Muros-Noia.

27.12.2019

60.000,00 €