Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento de restitución da legalidade porque, tentadas as notificacións, non se puideron practicar (expediente R-01.19).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou no 13.11.2019 resolución do procedemento de restitución que se indica, segundo o artigo 135 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura e Turismo, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) citado. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

Anexo

Procedemento de restitución: R-01.19. Moraña, Pontevedra.

DNI das persoas interesadas: 35413713S, 76824440R.

Acto notificado: resolución que declara a caducidade.