Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12910

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegacion de competencias tributarias do Concello de Ortigueira.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 20 de decembro de 2019, aprobou o seguinte:

«28. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Ortigueira (IVTM, recollida de lixo, entrada de vehículos e aproveitamentos especiais).

1. Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de Ortigueira na sesión plenaria que tivo lugar o 11 de setembro de 2019 en relación coas seguintes materias:

– Xestión, inspección e recadación tributaria voluntaria e executiva do imposto de vehículos de tracción mecánica.

– Recadación tributaria voluntaria e executiva da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.

– Recadación tributaria voluntaria e executiva da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

– Recadación tributaria voluntaria e executiva da taxa por outros aproveitamentos especiais con finalidade lucrativa (caixeiros e aparellos de venda automática pegados a fachadas de edificios ás vías públicas).

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 30 de decembro de 2019

Valentín González Formoso

José Almau Supervía

Presidente da Deputación Provincial

da Coruña

Secretario Xeral da Deputación Provincial

da Coruña