Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12688

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

A Xunta de Galicia veu promovendo a mellora das capacidades de investigación do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG), por medio de instrumentos e iniciativas orientadas, entre outros fins, á formación, mobilidade, atracción e promoción de persoal investigador; ao fortalecemento dos grupos de investigación adscritos ás universidades; ao incremento da masa crítica no SUG e á creación e consolidación de estruturas de investigación de tamaño superior ao grupo, como son as agrupacións estratéxicas e os centros de investigación do SUG.

As universidades enfróntase hoxe a novos retos, entre os que destacan: a transformación da demanda de formación universitaria, que debe estar máis baseada na investigación; a necesidade de especialización e do establecemento de áreas de investigación estratéxicas; as demandas dun tecido social e produtivo cada vez máis complexos e cambiantes e a necesidade de acometer unha substitución xeracional do seu persoal, que debe fortalecer a súa faceta investigadora, para afrontar o futuro con garantías.

A atracción e retención do talento investigador constitúe un dos obxectivos clave nas estratexias actuais da política científica de I+D+i nacionais e europeas, e o posicionamento de calquera universidade e centro de investigación depende en gran medida da capacidade de atraer e reter talento.

Entre os obxectivos e retos da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3), ten un peso específico a xeración de coñecemento e dentro do Subsistema de xeración e difusión de coñecemento distínguense as tres universidades públicas de Galicia cun destacado labor formativo e científico vencellado a este reto.

O compromiso do goberno galego coa investigación tradúcese en que un eixe fundamental da política científica é o apoio á carreira investigadora a través dos programas de recursos humanos, desde as etapas formativas iniciais ata completar a formación posdoutoral de cinco anos prevista no artigo 22 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e co obxectivo de garantir a excelencia da investigación científica convócase un novo programa de axudas a través do cal se procura a atracción, incorporación e retención de talento investigador mediante a figura do persoal investigador distinguido prevista no artigo 23 da Lei 14/2011.

Por todo iso, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon en marcha un programa de incorporación de recursos humanos posdoutorais ás universidades do SUG en áreas estratéxicas de investigación seleccionadas polas universidades e pola propia Consellería.

A posta en marcha deste programa supón a incorporación de talento investigador aos centros de investigación do SUG, agrupacións estratéxicas e campus de especialización como estruturas de investigación das universidades do SUG que alcanzaron unha madurez demostrada na aglutinación de recursos e na agregación de capacidades científico-técnicas.

Esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación nas universidades do SUG, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre mulleres e homes que recolle o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Por isto, as axudas que se regulan nesta convocatoria terán en consideración o peso relativo das mulleres nas propostas presentadas, de maneira que se potencie o seu número e a calidade do seu traballo.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca as axudas para a atracción e retención de talento investigador para o ano 2020.

En consecuencia, e no uso das atribucións que teño conferidas,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a atracción e retención de talento investigador nas universidades do SUG.

O obxecto do Programa de atracción e retención de talento nas universidades do SUG é que se incorpore aos centros de investigación do SUG con acreditación vixente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ás agrupacións estratéxicas acreditadas pola Xunta de Galicia na modalidade A no ano 2018, ás unidades de excelencia María de Maeztu e aos centros de excelencia Severo Ochoa, radicados en Galicia e con acreditación vixente, e aos campus de especialización do SUG, e nas áreas de coñecemento definidas como estratéxicas polas universidades do SUG, persoal investigador posdoutoral que amose un relevante currículo investigador que permita reforzar e/ou iniciar novas liñas de investigación en áreas de coñecemento/liñas de investigación definidas nesta convocatoria de acordo coas declaracións de interese realizadas previamente polas universidades do SUG.

Para acadar tal fin proponse a contratación mediante a figura de persoal investigador distinguido do artigo 23 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, a través do financiamento de contratos de catro anos de duración, con dúas modalidades:

– Modalidade atracción, código de procedemento ED431H: destinada á atracción e incorporación aos centros de investigación do SUG con acreditación vixente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, agrupacións estratéxicas acreditadas pola Xunta de Galicia na modalidade A no ano 2018, unidades de excelencia María de Maeztu e centros de excelencia Severo Ochoa radicados en Galicia e con acreditación vixente, de persoal investigador de recoñecida traxectoria.

Coa sinatura do contrato o persoal investigador seleccionado deberá integrarse nalgunha das seguintes estruturas de investigación do SUG con axuda vixente:

1º. Nun centro de investigación do SUG acreditado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

2º. Nunha unidade de excelencia María de Maeztu ou nun centro de excelencia Severo Ochoa radicados en Galicia, no marco do Programa estatal de xeración de coñecemento e fortalecemento científico e tecnolóxico do sistema de I+D+i, Subprograma estatal de fortalecemento institucional, dentro do Plan estatal de investigación científica e técnica de innovación 2017-2020.

3º. Nunha agrupación estratéxica da modalidade A acreditada pola Xunta de Galicia no ano 2018.

– Modalidade retención, código de procedemento ED431I: orientada á contratación e promoción de persoal investigador vinculado ás universidades do SUG, nos campus de especialización do SUG e/ou áreas de coñecemento fixadas previamente como estratéxicas polas universidades e definidas no anexo III desta convocatoria.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta convocatoria terán a consideración de:

Centro/unidade de investigación: centros de investigación do SUG con acreditación vixente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, agrupacións estratéxicas acreditadas pola Xunta de Galicia na modalidade A no ano 2018, unidades de excelencia María de Maeztu e centros de excelencia Severo Ochoa radicados en Galicia e con axuda vixente.

Campus de especialización (en diante, CE): aquel campus que, incluído no Programa de especialización do SUG, fose desenvolvido mediante convenios de colaboración entre unha universidade galega e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos cales se outorgase financiamento para a redacción do plan estratéxico do campus.

Artigo 3. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as universidades do SUG que presenten como candidatas persoas que cumpran na data de peche da convocatoria as condicións que se indican para cada tipo de axuda nos anexos I e II, segundo a modalidade a que opten, sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de persoal investigador distinguido de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

Artigo 4. Número, duración e importe das axudas

O número, a duración e o importe das axudas concedidas para cada unha das modalidades serán:

– Na modalidade de atracción: poderanse conceder ata 10 axudas, dun máximo de catro anos, desde a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas, sen que en ningún caso poidan superar a duración máxima de 4 anos e que non poderán ser obxecto de prórroga. O importe máximo de cada axuda é de 91.000,00 euros anuais.

– Na modalidade de retención: poderanse conceder ata 5 axudas, dun máximo de 4 anos, desde a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas, sen que en ningún caso poidan superar a duración máxima de catro anos e que non poderán ser obxecto de prórroga. O importe máximo de cada axuda é de 71.000,00 euros anuais.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada, deberá achegar a diferenza.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Artigo 5. Conceptos subvencionables

Os importes das axudas só poderán ir destinados ao financiamento das actividades necesarias para o desenvolvemento desta convocatoria:

1. O pagamento dos contratos, custos sociais e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada.

2. Axuda para o desenvolvemento da liña de investigación. Os gastos que se consideran elixibles, asociados á liña de investigación, son os seguintes:

a) Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación sempre que non estean vinculados funcionarial ou estatutariamente coa universidade que o contrate. Esta contratación non creará ningún compromiso en canto á súa posterior incorporación á entidade beneficiaria. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión, así como o cofinanciamento das persoas contratadas ao abeiro de convocatorias competitivas dos programas estatais de recursos humanos.

b) Pequeno equipamento inventariable e material funxible.

c) Material bibliográfico, cotas de coloquios e congresos e adhesión a sociedades científicas. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo.

d) Formación do persoal do equipo relacionada coa actividade obxecto da axuda mediante estadías curtas cunha duración mínima de 15 días e máxima de 3 meses. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo.

e) Viaxes e axudas de custo para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % dos gastos totais da axuda debidamente xustificada anualmente. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo.

f) Investigadoras e investigadores visitantes.

g) Organización de actividades de difusión, así como presenza en medios de comunicación.

h) Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.

i) Custos de solicitude e outros gastos de mantemento de dereitos de propiedade industrial e intelectual derivados da investigación e gastos de publicación e difusión de resultados, incluídos aqueles que puidesen derivar da publicación en revistas de acceso aberto (sempre e cando sexan como consecuencia da actividade investigadora). Non son de aplicación nesta epígrafe os gastos de autoedición ou similares.

j) Consultoría e asesoramento externo así como contratación de servizos externos entendidos como actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes para a execución das actividades investigadoras propias.

k) Gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría por cada axuda.

l) Custos indirectos que se calcularán, sen necesidade de achegar xustificantes de gasto, mediante a aplicación dunha porcentaxe de ata o 20 % sobre os gastos totais da actuación validamente xustificados.

Artigo 6. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados anexo IV para o procedemento ED431H, modalidade atracción, e anexo V para o procedemento ED431I, modalidade retención, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Cada universidade poderá presentar ata un máximo de 10 solicitudes para a modalidade de atracción e ata un máximo de 5 solicitudes para modalidade de retención. A presentación de máis de 10 solicitudes na modalidade de atracción ou de máis de 5 solicitudes na modalidade de retención por unha mesma universidade invalidará todas as solicitudes desa modalidade presentadas por esa universidade.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

3. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha única entidade beneficiaria e sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Con cada solicitude deberá achegarse a documentación que se indica nos anexos I e II para cada tipo de axuda.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes dous procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

c) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da entidade solicitante.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante.

e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda da entidade solicitante.

f) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

g) Informe de vida laboral da persoa candidata.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios IV e V, ou no recadro correspondente do anexo VI, e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Instrución do procedemento

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades. Para este fin, comprobará que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporá a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas da exclusión, na internet no enderezo www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades).

Estas listas estarán expostas por un período de 10 días naturais e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, para o cal presentarán a documentación oportuna. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse a entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, a persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades ditará unha resolución pola que se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicarán na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non axustarse aos termos desta convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de inadmisión da solicitude presentada, con independencia de que se poidan acordar outro tipo de actuacións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 11. Avaliación e selección

A avaliación das persoas candidatas a ser destinatarias das axudas e a selección das entidades beneficiarias das axudas realizarase segundo os procedementos e a documentación que se sinalan nos anexos I e II desta convocatoria para cada modalidade.

Os resultados desta avaliación faranse chegar á Comisión de Selección, que elaborará un informe para o órgano instrutor en función dos criterios establecidos nesta convocatoria e da dispoñibilidade de recursos.

A Comisión de Selección estará constituída por sete membros:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente ou presidenta da comisión.

Serán vogais da comisión:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Un xefe ou xefa de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo presidente ou presidenta da Comisión de Selección.

– Un xefe ou xefa de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario ou secretaria da comisión.

No informe da Comisión de Selección figurarán de xeito individualizado as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no anexo correspondente.

Complementariamente, e sempre que o número de solicitudes avaliadas positivamente o permita, a Comisión de Selección incluirá no informe un total de dúas listaxes de espera (unha por cada modalidade) nas cales, por orde decrecente de puntuación, figurarán as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección. Cada unha das listaxes estará formada por un número equivalente ao 50 % das axudas concedidas para cada modalidade.

En caso de igualdade de puntuación, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. Prevalecerán as mulleres sobre os homes.

2º. A solicitude que obteña maior puntuación na valoración dos criterios establecidos no artigo 5.a) dos anexos I e II, segundo corresponda.

3º. Na modalidade de atracción a solicitude da persoa candidata que se presente avalada pola persoa titular da dirección dun centro de investigación do SUG acreditado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional; ou nunha unidade de excelencia María de Maeztu ou nun centro de excelencia Severo Ochoa e dentro destes segundo a categoría acadada no proceso de acreditación, e se o empate se produce entre solicitudes avaladas por agrupacións estratéxicas acreditadas pola Xunta de Galicia no ano 2018 na modalidade A, aquela que tivese maior puntuación no proceso de avaliación.

Na modalidade de retención, aquelas solicitudes que recaian nun CE e, se persiste o empate, entre os de maior antigüidade.

A proposta de concesión elaborada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión así como, de ser o caso, as listas de espera para posibles substitucións, publicaranse no enderezo da internet http://www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades). Esta publicación terá só efectos informativos.

Artigo 12. Resolución de concesión das axudas

1. A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas co importe da axuda concedida, as listas de espera, de ser o caso, e a desestimación expresa do resto das solicitudes.

2. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://edu.xunta.gal), pola cal se entenderá notificada para todos os efectos ás persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

3. A resolución publicarase no prazo máximo de cinco meses desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entenderen desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Aceptación da axuda

Unha vez asinada a resolución, as universidades beneficiarias deberán remitir á Secretaría Xeral de Universidades un escrito de aceptación da axuda no prazo de 10 días contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Igualmente, dentro do prazo dun mes desde a data da resolución de concesión, as universidades beneficiarias deberán achegar a aceptación de cada persoa investigadora seleccionada e, de ser o caso, a solicitude de aprazamento da incorporación ata un máximo de catro meses desde a data da resolución.

Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa de atracción ou de retención de talento investigador, segundo corresponda, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo, que deberá ser no prazo máximo de 4 meses desde a data de resolución desta convocatoria.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizo e á duración do contrato, que deberá ser con dedicación a tempo completo.

A data límite para a sinatura dos contratos será o 31 de maio de 2020, agás para os casos de aprazamento da incorporación ata un máximo de catro meses desde a resolución de adxudicación das axudas.

A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

Artigo 15. Libramento da subvención

1. As entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

2. Para proceder ao libramento da axuda correspondente aos contratos e os seus custos sociais será preciso que a entidade correspondente remita a copia dos contratos asinados no prazo dun mes contado desde a súa sinatura, xunto coa acreditación da homologación do título de doutor, no caso de que fose obtido no estranxeiro, e a xustificación da axuda nos termos que a seguir se indican:

a) Certificado de dedicación exclusiva á actividade asinado pola persoa investigadora e pola persoa designada para dirixir ou titorar a súa actividade científica durante o período de xustificación.

b) Certificado asinado polo órgano responsable de control da entidade onde conste a permanencia efectiva e a dedicación exclusiva da persoa investigadora ao programa.

c) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

d) Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante se opoña a que o órgano xestor solicite as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

e) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Data límite de presentación

1ª xustificación: desde a data de comezo dos contratos ata o mes de outubro de 2020, este incluído.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao primeiro ano de contrato.

15 de decembro de 2020

2ª xustificación: mensualidades de novembro de 2020 a abril de 2021, ambos os meses incluídos.

30 de xuño de 2021

3ª xustificación: de maio de 2021 a outubro de 2021, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao segundo ano de contrato.

15 de decembro de 2021

4ª xustificación: de novembro de 2021 a abril de 2022, ambos os meses incluídos.

30 de xuño de 2022

5ª xustificación: de maio de 2022 a outubro de 2022 ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao terceiro ano de contrato.

15 de decembro de 2022

6ª xustificación: de novembro de 2022 a abril de 2023, ambos os meses incluídos.

30 de xuño de 2023

7ª xustificación: de maio de 2023 a outubro de 2023, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao cuarto ano de contrato.

15 de decembro de 2023

8ª xustificación: de novembro de 2023 a abril de 2024, ambos os meses incluídos.

30 de xuño de 2024

9ª xustificación: de maio de 2024 ata a finalización dos contratos.

A demais da documentación indicada nas alíneas a), b), c), d), e) do punto 2 deste artigo, achegarase a documentación que se indica no punto 7 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

15 de decembro de 2024

4. Para os casos de meses incompletos, o cálculo do importe correspondente a esa fracción de mes realizarase dividindo o importe máximo anual entre 360 días e multiplicando o resultado polo número de días traballados nese mes.

5. Para a xustificación da axuda para o desenvolvemento da liña de investigación asociada aos contratos, a data límite para achegar a documentación correspondente é o 30 de novembro de cada anualidade e terá que incluír os seguintes documentos:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b) Conta xustificativa con entrega de informe de auditoría de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A conta xustificativa terá o seguinte contido:

– Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo 48.1 do citado regulamento.

– Memoria económica que conterá unha relación detallada dos gastos incorridos na realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupados por conceptos de gasto con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.

c) Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que deberá manifestarse sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

d) Declaración da persoa investigadora en que se recolla a relación do persoal que forma parte do seu equipo de investigación, de ser o caso.

e) Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante se opoña a que o órgano xestor solicite as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

f) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Os investimentos e pagamentos que se efectúen desde o 1 de decembro da anualidade corrente poderán presentarse como xustificante da anualidade seguinte. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas, seguridade social e IRPF dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Considérase gasto realizado aquel que efectivamente se pagase con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior para axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación.

6. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de 10 días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

7. Ademais, coa última xustificación, a entidade beneficiaria presentará:

a) Unha copia da vida laboral de cada persoa contratada durante o período de permanencia no programa, só no caso de que a persoa candidata non autorice a súa consulta. Se a persoa contratada renuncia antes do remate do seu contrato, esta documentación presentarase transcorrido un mes desde a súa renuncia.

b) Unha memoria final da actividade, de aproximadamente 2.000 palabras, na cal se describa o traballo realizado durante a duración do programa. O prazo para a súa presentación será dun mes desde a extinción do contrato de traballo. No caso de persoas que abandonen o programa antes da finalización do contrato, deberán presentar unha memoria da actividade desenvolvida durante o tempo que permaneceron nel, no prazo dun mes desde que se produza a extinción da relación contractual.

8. Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na presente orde.

En ambas as dúas modalidades poderán realizarse pagamentos anticipados dos créditos correspondentes á axuda para a creación dunha liña de investigación, que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 50 % da subvención concedida para cada anualidade na aplicación 10.40.561B.744.0. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, logo de solicitude debidamente xustificada da entidade beneficiaria, que deberá realizarse nos tres primeiros meses do ano 2021, 2022 e 2023.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 16. Réxime de compatibilidade

As entidades beneficiarias poderán compatibilizar as axudas reguladas nesta orde con outras axudas ou subvencións financiadas con fondos públicos ou privados que teñan unha finalidade análoga. De acordo coa normativa aplicable o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, ingresos e recursos, non poderá superar o custo da actividade subvencionada.

Artigo 17. Principios que deben respectar as entidades beneficiarias

As actividades de I+D+i desenvolvidas no marco das axudas desta convocatoria deberán respectar os principios éticos fundamentais, entre eles os que figuran na Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea, asegurando o respecto e a protección da dignidade e a vida humanas, a igualdade de xénero, a confidencialidade de datos das persoas e deberán observar o establecido nos principios internacionais e a normativa vixente en materia de bioética, experimentación animal, bioseguridade, seguridade biolóxica, protección do ambiente, patrimonio natural e biodiversidade, seguridade e protección de datos, e demais normativa aplicable. Correspóndelles ás universidades beneficiarias e centros de investigación velar polo seu cumprimento.

Artigo 18. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá poñelo en coñecemento da Secretaría Xeral de Universidades.

Artigo 19. Incumprimento, reintegros e sancións

O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga da entidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de mora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Renuncia ás axudas, novas incorporacións e interrupcións

1. No caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades, nun prazo mínimo de 15 días naturais antes de que se produza. Deberase acompañar dun informe da entidade beneficiaria indicando se a persoa contratada desenvolveu unha actividade satisfactoria que permitise o seu perfeccionamento e especialización profesional durante a permanencia no programa.

2. En ambas as dúas modalidades poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 15 de outubro de 2020. Para cubrir as renuncias seguirase a prelación das listas de espera definidas no artigo 10, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade en que se produzan. A persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

3. As universidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo da suspensión dos contratos financiados cando estas suspensións se produzan polas seguintes causas:

a) Nacemento.

b) Adopción.

c) Garda con fins de adopción ou acollemento.

d) Risco durante o embarazo.

e) Risco durante a lactación natural de menores de nove meses.

f) Incapacidade temporal durante o embarazo por causas vinculadas con el.

g) Incapacidade temporal por causas distintas ás do punto anterior por un período mínimo dun mes.

h) As situacións previstas no artigo 45.1.n) do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, como medida de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Cando se produza a suspensión do contrato pola concorrencia dalgunha destas situacións, as entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo de suspensión, no prazo de 10 días hábiles desde que esa baixa se produza.

A interrupción e a prórroga deberán ser autorizadas polo órgano instrutor, que poderá solicitar os informes que considere oportunos. A entidade correspondente deberá achegar o contrato ou o documento xustificativo da prórroga que cubra o dito período, no prazo dun mes desde a súa sinatura.

Cando se autorice a interrupción e a prórroga, non se considerarán subvencionables os gastos derivados da contratación en que poida incorrer a entidade beneficiaria (retribución salarial e cota patronal da Seguridade Social) durante o tempo de interrupción, polo que non se deben incluír nas certificacións de xustificación económica. A duración do contrato verase ampliada por un período idéntico ao da interrupción para os efectos previstos nesta convocatoria.

A autorización de interrupción e de prórroga da axuda en ningún caso supón un aumento da contía da axuda concedida inicialmente. Calquera incremento no pagamento da cota patronal da Seguridade Social como consecuencia do período prolongado será por conta da entidade contratante.

Artigo 21. Control

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá realizar as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. Así mesmo, poderá solicitar un informe ás entidades beneficiarias sobre a execución das axudas e o seu impacto, en particular, sobre as persoas contratadas mediante un seguimento destas durante os 6 meses posteriores á finalización do contrato, que permita constatar cal é a súa situación laboral.

En ambas as modalidades as persoas contratadas serán sometidas a procesos de avaliación do seu rendemento científico ao finalizar o terceiro ano do contrato, de acordo coas condicións que se establecen en cada un dos anexos.

Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos que teñan atribuídas facultades de control sobre estes fondos.

Artigo 22. Dotación orzamentaria

Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2020, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente.

Modalidade

Nº Axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

Total

Atracción

10

10.40.561B.444.0

260.000,00

510.000,00

510.000,00

510.000,00

250.000,00

2.040.000,00

10.40.561B.744.0

150.000,00

400.000,00

400.000,00

400.000,00

250.000,00

1.600.000,00

Total atracción

410.000,00

910.000,00

910.000,00

910.000,00

500.000,00

3.640.000,00

Retención

5

10.40.561B.444.0

130.000,00

255.000,00

255.000,00

255.000,00

125.000,00

1.020.000,00

10.40.561B.744.0

25.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

75.000,00

400.000,00

Total retención

155.000,00

355.000,00

355.000,00

355.000,00

200.000,00

1.420.000,00

Total

565.000,00

1.265.000,00

1.265.000,00

1.265.000,00

700.000,00

5.060.000,00

O financiamento destas axudas imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021, 2022, 2023 e 2024 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

O número de axudas e os créditos poderán redistribuírse entre as diferentes modalidades e anualidades cando o volume das solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira.

De acordo co disposto no artigo 2.1.1 da Comunicación da Comisión sobre o Marco sobre Axudas Estatais de Investigación e Desenvolvemento e Innovación (2014/C198/01), publicado no Diario Oficial de la Unión Europea C 198, do 27 de xuño de 2014, non se aplicará o disposto no artigo 107-1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas previstas nesta orde, que se outorgarán a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

Cando o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderán quedar excluídos na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias; é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento ou sexa necesaria para o funcionamento do organismo de investigación ou estea estreitamente vinculada o seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado.

Considerarase que isto se produce cando as actividades económicas consumen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas e a capacidade asignada cada ano a estas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade dos previstos no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha dos procedementos incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas e esta circunstancia reflectirase no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida aos procedementos, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nesta norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

A presente orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Contra esta orde poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Modalidade atracción

Artigo 1. Obxecto da axuda

Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, do Programa de atracción e retención de talento investigador nun centro de investigación do SUG con acreditación vixente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nun centro de excelencia Severo Ochoa ou nunha unidade de excelencia María de Maeztu radicados en Galicia e con acreditación vixente, ou nunha agrupación estratéxica acreditada pola Xunta de Galicia no ano 2018 (modalidade A), mediante o financiamento dun contrato de 4 anos de duración baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de acordo co artigo 23 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que permite a atracción de talento.

Artigo 2. Requisitos

As persoas que contraten as distintas entidades con cargo a estas axudas deberán cumprir na data límite de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1. Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido a partir do 1 de xaneiro de 2007. Entenderase como data de obtención do grao de doutor a data do acto de defensa e aprobación da tese doutoral.

No caso das persoas investigadoras solicitantes que estean en posesión de máis dun título de doutor, o requisito anterior referirase ao primeiro dos títulos obtidos.

Cando concorra algunha das situacións que se citan a continuación poderase aplicar unha ampliación da data límite para a obtención do grao de doutor indicada (1 de xaneiro de 2007), sempre que os períodos de interrupción derivados de tales situacións se producisen entre a data de peche do prazo de presentación de solicitudes e o 1 de xaneiro de 2007:

a) Períodos de descanso derivados de maternidades ou paternidades gozados consonte as situacións protexidas que se recollen no réxime xeral da Seguridade Social. Aplicarase unha ampliación dun ano por cada fillo ou filla.

b) Grave enfermidade ou accidente da persoa candidata, con baixa médica igual ou superior a 3 meses. Aplicarase unha ampliación igual ao período de baixa xustificado, redondeando á alza a meses completos.

c) Atención a persoas en situación de dependencia, consonte o disposto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, por un período mínimo de 3 meses. Aplicarase unha ampliación igual ao período xustificado, redondeando á alza a meses completos.

Estes períodos indicaranse e acreditarán debidamente no momento de presentar a solicitude.

2. Ter un mínimo de 4 anos de experiencia posdoutoral, dos cales polo menos 2 anos sexan de estadía no estranxeiro (non computarán como tales as estadías no país de nacemento, no de nacionalidade, nin naquel no que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente). Esta experiencia deberá estar debidamente acreditada (contratos e/ou bolsas, de carácter remunerado).

3. Que non fosen contratados por unha universidade do SUG, baixo ningunha modalidade de contratación, nos 24 meses anteriores á data límite de presentación de solicitudes.

Artigo 3. Contía, duración e características

O número máximo de contratos que poderán formalizarse con cargo a estas axudas é de 10, por un período máximo de 4 anos.

O importe das axudas é o seguinte:

– Un total de 50.000 euros anuais en concepto de salario e custos sociais.

– Un total 40.000,00 euros anuais de axuda para o desenvolvemento da liña de investigación: 15.000,00 euros en 2020, 40.000,00 euros en 2021, en 2022 e en 2023 e 25.000,00 euros en 2024. Os gastos que se consideran elixibles son os que se indican no artigo 4.2 da convocatoria.

– Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.000,00 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas, para cubrir os gastos asociados á contratación.

A persoa contratada deberá desenvolver a súa investigación no centro ou unidade de investigación pola que foi avalada a súa candidatura.

Artigo 4. Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación da persoa candidata a ser destinataria da axuda:

a) Carta da persoa directora do centro ou unidade de investigación en que se comprometa a integrar a persoa candidata, indicando a área ou liña estratéxica que se pretende reforzar, e os medios que porá ao seu dispor para o desenvolvemento da súa actividade.

b) Declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo VI, en que se fagan constar os seguintes aspectos:

– Que acepta ser presentada como candidata ás axudas.

– Que se presenta por unha única modalidade e entidade solicitante no ámbito desta convocatoria.

– A persoa investigadora garante, que deberá ser necesariamente a persoa responsable do centro ou unidade de investigación.

– Que durante os 24 meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes non estivo contratada por:

1) As universidades do SUG.

2) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

3) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur).

4) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

5) Unha institución ou organismo do I+D+i galego.

c) Declaración da entidade solicitante na cal se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidata o grao de doutor.

No caso de aquelas persoas investigadoras que estean en posesión de máis dun título de doutor os requisitos expresados no artigo 2 desde anexo referiranse ao primeiro dos títulos obtidos.

Quen obtivese a titulación de doutora ou doutor no estranxeiro deberá acreditar no momento de formalizar o contrato, ademais de cumprir o establecido no artigo 2.1 deste anexo, que está en posesión do correspondente certificado de equivalencia ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación.

d) Currículo (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda nun modelo normalizado, preferentemente no modelo da páxina web da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) https://cvn.fecyt.es/

e) Documentos xustificativos dos méritos alegados, xunto coas copias ou ligazóns ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc. que se citen no CV, que se presentarán nun único documento pdf, precedido dun documento índice de cada un dos méritos alegados e xustificados que permita unha doada identificación de cada un deles. Durante calquera momento do procedemento a Secretaría Xeral de Universidades poderá solicitar ás entidades solicitantes os comprobantes dos méritos alegados.

f) Declaración asinada pola persoa candidata da experiencia posdoutoral e das estadías realizadas para os efectos de cumprimento do requisito establecido no artigo 2.2 deste anexo, xunto cos documentos acreditativos.

g) Memoria da traxectoria investigadora da persoa candidata así como da liña de investigación principal que desenvolveu ata agora, destacando ata un máximo de 5 das súas achegas máis relevantes de entre as recollidas no seu CV, e na que se indiquen os centros e as datas en que se desenvolveu a investigación posdoutoral.

h) Plan de traballo das actividades que se propón realizar durante a vixencia do programa, asinado pola persoa candidata e pola persoa responsable do centro de investigación, agrupación estratéxica, centro de excelencia Severo Ochoa ou unidade de excelencia María de Maeztu.

i) Memoria económica co orzamento para o desenvolvemento da liña de investigación.

j) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata se non foi expedido pola Xunta de Galicia, se é o caso.

k) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2.1 deste anexo sobre a data de obtención do título de doutora ou doutor, se é o caso.

2. Para os efectos do proceso de avaliación só se terá en conta a información contida no CV e na memoria da traxectoria investigadora na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida neses documentos. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 5. Avaliación e selección das solicitudes

A avaliación e selección a que fai referencia o artigo 11 desta convocatoria realizarase segundo as valoracións feitas por un equipo avaliador que estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, que poderá contar coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 deste anexo.

O equipo avaliador outorgará a puntuación correspondente a cada persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o baremo que se sinala a continuación, e será preciso acadar unha puntuación igual ou superior a 80 puntos para obter unha avaliación positiva:

a) Méritos curriculares da persoa candidata. Puntuación: de 0 a 60 puntos.

1º. Achegas científicas. Valoraranse a relevancia e a contribución da persoa candidata nos artigos publicados en revistas científicas, os libros ou capítulos de libros científicos e técnicos, os traballos presentados en congresos, as patentes concedidas ou licenciadas, e, en xeral, en calquera outra achega que permita valorar os diferentes aspectos da investigación, incluíndo a transferencia de tecnoloxía. Darase especial relevancia na valoración desta epígrafe ás achegas que indicara, para tal efecto, a persoa candidata na memoria da traxectoria investigadora e da liña de investigación. Puntuación: de 0 a 40 puntos.

2º. Participación en programas, proxectos ou contratos de I+D+i. A dirección ou coordinación científica de grupos, de proxectos de investigación, de equipamentos ou de instalacións singulares. Valorarase a implicación directa en proxectos ou contratos internacionais de investigación como accións relacionadas cos programas do Consello Europeo de Investigación, outros programas competitivos do Programa marco ou outras axencias internacionais, así como o financiamento obtido de mobilidade internacional (experiencia pre ou posdoutoral en países distintos ao seu país de orixe, etc.). Puntuación: de 0 a 15 puntos.

3º. Resto de méritos curriculares. Valorarase calquera outra achega que permita valorar méritos curriculares non incluídos nas outras epígrafes, incluíndo actividades de divulgación científica. Puntuación: de 0 a 5 puntos.

b) Capacidade da persoa candidata para liderar unha liña de investigación, en función da experiencia científica e profesional así como da independencia na súa traxectoria. Valorarase a través de aspectos tales como a dirección de traballos de investigación (dirección de investigadores e investigadoras en formación, investigador ou investigadora principal en publicacións científicas, teses doutorais, etc.), relevancia e recoñecemento da súa liña de investigación (invitación a congresos internacionais, conferenciante plenario, premios, mencións e distincións), capacidade de obtención de recursos (financiamento como investigador ou investigadora principal de proxectos, contratos, etc.), e calquera outro aspecto que permita valorar méritos relacionados coa independencia, relevancia e liderado na liña de investigación que presenta a persoa candidata. Puntuación: de 0 a 20 puntos.

c) Plan de traballo que se vai desenvolver durante a totalidade do programa. Valorarase a calidade, coherencia, resultados previsibles e impacto potencial e viabilidade do plan de traballo en relación coa súa temática e cos obxectivos que se pretenden alcanzar, e coa actividade que se desenvolve no centro, agrupación, centro de excelencia Severo Ochoa ou unidade de excelencia María de Maeztu en que se vai integrar. Puntuación: de 0 a 20 puntos.

Valóranse unicamente os méritos que tivesen acreditados debidamente na data límite do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 6. Procedementos de avaliación do rendemento

1. Ao finalizar o terceiro ano de contrato, as persoas contratadas serán sometidas a unha avaliación da actividade investigadora desenvolvida, para o cal deberán presentar un informe de seguimento científico-técnico da persoa investigadora contratada, incluíndo os resultados das actividades de I+D+i levadas a cabo durante ese período, e un informe de seguimento da persoa investigadora garante, que deberá ser necesariamente a persoa responsable do centro de investigación, centro de excelencia Severo Ochoa, unidade de excelencia María de Maeztu ou agrupación estratéxica, en que estea integrada a persoa investigadora.

Ademais, poderanse achegar todas as avaliacións internas ou acreditacións de calidade exixidas pola institución en que estean contratadas as persoas investigadoras, ou aquelas acreditacións oficiais obtidas por elas.

2. A avaliación do informe de seguimento científico-técnico será realizada por un equipo avaliador que estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, que poderá contar coa colaboración da ACSUG.

3. Nos diferentes procesos de avaliación do seguimento o órgano instrutor poderá determinar a necesidade da realización de entrevistas a todos ou a algunha das persoas candidatas, quedando incluída esta valoración no resultado do seguimento. Para a realización das correspondentes entrevistas estableceranse os procedementos adecuados e poderán designarse os órganos, comisións ou persoas expertas que se considere necesario.

Artigo 7. Dereitos e obrigas

Son obrigas xerais da entidade contratante, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Formalizar un contrato de traballo de duración determinada con dedicación a tempo completo coa persoa candidata seleccionada.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

As persoas contratadas mediante estas axudas teñen as seguintes obrigas e dereitos:

1. Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

2. Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

3. Poderán recibir bolsas que se convoquen para cubrir algunha das accións formativas que van realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización).

4. Presentar unha memoria final da actividade desenvolvida durante todo o período de contrato á que se fai referencia no artigo 15.7.b) da convocatoria.

As entidades beneficiarias e as persoas contratadas teñen como obriga específica de publicidade adoptar as medidas de difusión contidas no apartado 3 do artigo 15 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias das axudas, así como as persoas contratadas con cargo a elas, deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto, nas accións de difusión, así como nos resultados da produción científica e calquera outra acción que se realice ao abeiro destas axudas, deberá figurar expresamente o cofinanciamento das actuacións con fondos do Programa de atracción e retención de talento investigador no SUG, modalidade atracción, da Xunta de Galicia (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional), que irá acompañado, sempre que sexa posible, do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

ANEXO II

Modalidade retención

Artigo 1. Obxecto da axuda

Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, do Programa de atracción e retención de talento investigador nas universidades do SUG, mediante o financiamento dun contrato de 4 anos de duración baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de acordo co artigo 23 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que permita a retención de talento nos CE do SUG e áreas de coñecemento fixadas previamente como estratéxicas polas universidades e definidas no anexo III desta convocatoria.

Artigo 2. Requisitos

As persoas que presenten as universidades con cargo a estas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido a partir do 1 de xaneiro de 2007. Entenderase como data de obtención do grao de doutor a data do acto de defensa e aprobación da tese doutoral.

No caso das persoas investigadoras solicitantes que estean en posesión de máis dun título de doutor, o requisito anterior referirase ao primeiro dos títulos obtidos.

Cando concorra algunha das situacións que se citan a continuación, poderase aplicar unha ampliación da data límite para a obtención do grao de doutor indicada (1 de xaneiro de 2007), sempre que os períodos de interrupción derivados de tales situacións se producisen entre a data de peche do prazo de presentación de solicitudes e o 1 de xaneiro de 2007:

a) Períodos de descanso derivados de maternidades ou paternidades gozados consonte as situacións protexidas que se recollen no réxime xeral da Seguridade Social. Aplicarase unha ampliación dun ano por cada fillo ou filla.

b) Grave enfermidade ou accidente da persoa candidata, con baixa médica igual ou superior a tres meses. Aplicarase unha ampliación igual ao período de baixa xustificado, redondeando á alza a meses completos.

c) Atención a persoas en situación de dependencia, consonte o disposto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, por un período mínimo de tres meses. Aplicarase unha ampliación igual ao período xustificado, redondeando á alza a meses completos.

Estes períodos indicaranse e acreditarán debidamente no momento de presentar a solicitude.

2. Ter un mínimo de 4 anos de experiencia posdoutoral.

3. Contar coa acreditación para a categoría de profesor contratado doutor da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) ou da ACSUG.

4. Que estivesen contratados nunha universidade do SUG durante polo menos 20 meses dos 24 inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria.

A persoa contratada deberá integrarse no departamento polo que foi avalada a súa candidatura.

Artigo 3. Contía e duración

O número máximo de contratos que poderán formalizarse con cargo a estas axudas é de 5, por un período máximo de 4 anos.

O importe das axudas é o seguinte:

– Un total de 50.000,00 euros brutos anuais en concepto de salario e custos sociais.

– Un total 20.000,00 euros anuais de axuda para o desenvolvemento da liña de investigación: 5.000 euros en 2020, 20.000,00 euros en 2021, en 2022 e en 2023 e 15.000,00 euros en 2024. Os gastos que se consideran elixibles son os que se indican no artigo 4.2 da convocatoria.

– Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.000,00 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas, para cubrir os gastos asociados á contratación.

Artigo 4. Documentación complementaria

Ademais da sinalada nas bases da convocatoria deberá achegarse a seguinte documentación da persoa candidata a ser destinataria da axuda:

a) Declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo VI, no que se fagan constar os seguintes aspectos:

– Que acepta ser presentada como candidata ás axudas, indicando a modalidade pola que se presenta.

– Que se presenta por unha única entidade solicitante no ámbito desta convocatoria.

– A universidade en que está contratada e as datas do contrato.

– A persoa investigadora garante, que deberá ser necesariamente a directora do departamento no que se integrará a persoa candidata.

b) Declaración da entidade solicitante na cal se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidata o grao de doutor.

No caso de aquelas persoas investigadoras que estean en posesión de máis dun título de doutor, os requisitos expresados no artigo 2 desde anexo referiranse ao primeiro dos títulos obtidos.

Quen obtivese a titulación de doutora ou doutor no estranxeiro deberá acreditar no momento de formalizar o contrato, ademais de cumprir o establecido no artigo 2.1 deste anexo, que está en posesión do correspondente certificado de equivalencia ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación.

c) Certificado da universidade pola que estivese contratada a persoa candidata durante polo menos 20 meses dos 24 inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, en que se indique a data de inicio do contrato, a modalidade contractual, a área na que desenvolveu a súa actividade e, de ser o caso, o departamento a que estivese adscrito e o CE en que estea integrado.

d) Copia da certificación da acreditación da ANECA ou da ACSUG como profesor ou profesora contratado/a doutor/a.

e) Declaración asinada pola persoa directora do departamento en que manifeste a súa conformidade para a integración no seu departamento da persoa candidata a ser destinataria da axuda, e en que indique a capacidade formativa do departamento, definindo as necesidades docentes e que materias e horas se lle asignarían á persoa seleccionada.

f) Currículo (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda, preferentemente no modelo da páxina web https://cvn.fecyt.es/

g) Documentos xustificativos dos méritos alegados, xunto coas copias ou ligazóns ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc. que se citen no CV, que se presentarán nun único documento pdf, precedido dun documento índice de cada un dos méritos alegados e xustificados que permita unha doada identificación de cada un deles. Durante calquera momento do procedemento a Secretaría Xeral de Universidades poderá solicitar ás entidades solicitantes os comprobantes dos méritos alegados.

Para os efectos do proceso de avaliación só se terá en conta a información contida no CV na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida nel. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

h) Declaración asinada pola persoa candidata da experiencia posdoutoral, xunto cos documentos acreditativos.

i) Memoria da traxectoria docente e investigadora que desenvolveu ata agora a persoa candidata, destacando ata un máximo de cinco das súas achegas máis relevantes de entre as recollidas no seu CV, e en que se indiquen os centros e as datas en que se desenvolveu a súa actividade.

j) Plan de traballo das actividades que se propoñen realizar durante a vixencia do programa, asinado pola persoa candidata e pola persoa directora do departamento.

k) Memoria económica co orzamento para o desenvolvemento da liña de investigación.

l) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata se non foi expedido pola Xunta de Galicia, se é o caso.

m) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2.1 deste anexo sobre a data de obtención do título de doutora o doutor, se é o caso.

Artigo 5. Avaliación e selección das solicitudes

A avaliación e selección a que fai referencia o artigo 11 desta convocatoria realizarase segundo as valoracións feitas por un equipo avaliador que estará formado por persoas expertas de fóra do SUG, que poderá contar coa colaboración da ACSUG e a partir da documentación indicada no artigo 4 deste anexo.

O equipo avaliador outorgará a puntuación correspondente a cada persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o baremo que se sinala a continuación, e será preciso acadar unha puntuación igual ou superior a 80 puntos para obter unha avaliación positiva:

a) Méritos curriculares da persoa candidata. Puntuación: de 0 a 75 puntos.

1º. Achegas. Valoraranse a relevancia e a contribución da persoa candidata nos artigos publicados en revistas científicas, os libros ou capítulos de libros científicos e técnicos, os traballos presentados en congresos, as patentes concedidas ou licenciadas e, en xeral, calquera outra achega que permita valorar os diferentes aspectos da investigación, incluíndo a transferencia de tecnoloxía. Darase especial relevancia na valoración desta epígrafe ás achegas que indicase, para tal efecto, a persoa candidata na memoria da traxectoria investigadora e da liña de investigación. Puntuación: de 0 a 40 puntos.

2º. Docencia impartida, débese indicar en que universidade, centro e a que departamento, e, se é o caso, CE, estaba adscrito; se se trataba de docencia de grao, licenciatura ou equivalentes ou de máster, cursos en que se impartiu e horas. Puntuación: de 0 a 15 puntos.

3º. Participación en programas, proxectos ou contratos de I+D+i. A dirección ou coordinación científica de grupos, de proxectos de investigación, de equipamentos ou de instalacións singulares. Valorarase a implicación directa en proxectos ou contratos internacionais de investigación como accións relacionadas cos programas do Consello Europeo de Investigación, outros programas competitivos do Programa marco ou outras axencias internacionais, así como o financiamento obtido de mobilidade internacional (experiencia pre ou posdoutoral en países distintos ao seu país de orixe, etc.). Puntuación: de 0 a 10 puntos.

4º. Resto de méritos curriculares. Valorarase calquera outra achega que permita valorar méritos curriculares non incluídos nas outras epígrafes, actividades de divulgación científica. Puntuación: de 0 a 10 puntos.

b) Capacidade da persoa candidata para liderar unha liña de investigación, en función da experiencia científica e profesional así como da independencia na súa traxectoria. Valorarase a través de aspectos tales como a dirección de traballos de investigación (dirección de investigadores e investigadoras en formación, investigador ou investigadora principal en publicacións científicas, teses doutorais, etc.), relevancia e recoñecemento da súa liña de investigación (invitación a congresos internacionais, conferenciante plenario, premios, mencións e distincións, capacidade de obtención de recursos (financiamento como investigador ou investigadora principal de proxectos, contratos, etc.), e calquera outro aspecto que permita valorar méritos relacionados coa independencia, relevancia e liderado na liña de investigación que presenta a persoa candidata. Puntuación: de 0 a 10 puntos.

c) Plan de traballo que vai desenvolver durante a totalidade do programa. Valorarase a calidade, coherencia e viabilidade do plan de traballo en relación coa súa temática e cos obxectivos que se pretenden alcanzar, e coa actividade que se desenvolve no departamento en que se vai integrar. Puntuación: de 0 a 15 puntos.

Artigo 6. Procedementos de avaliación do rendemento

1. Ao finalizar o terceiro ano de contrato, as persoas contratadas serán sometidas a unha avaliación da actividade desenvolvida, para o cal deberán presentar un informe de seguimento científico-técnico da persoa contratada, incluíndo a docencia impartida, os resultados das actividades de I+D+i levadas a cabo durante ese período e demais actividades desenvolvidas, e un informe de seguimento da persoa responsable do departamento en que se integrou e, se é o caso, do CE.

Ademais poderanse achegar todas as avaliacións internas ou acreditacións de calidade exixidas pola institución en que estean contratadas as persoas investigadoras ou aquelas acreditacións oficiais obtidas polas elas.

2. A avaliación do informe de seguimento científico-técnico será realizada por un equipo avaliador que estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, que poderá contar coa colaboración da ACSUG.

3. Nos diferentes procesos de avaliación do seguimento o órgano instrutor poderá determinar a necesidade da realización de entrevistas a todos ou a algunha das persoas candidatas, quedando incluída esta valoración no resultado do seguimento. Para a realización das correspondentes entrevistas estableceranse os procedementos adecuados e poderán designarse os órganos, comisións ou persoas expertas que se considere necesario.

Artigo 7. Dereitos e obrigas

Son obrigas xerais da universidade contratante, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Formalizar un contrato de traballo de duración determinada con dedicación a tempo completo co candidato ou candidata seleccionado.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

O persoal investigador contratado ao abeiro destas axudas poderá prestar tarefas docentes nos termos fixados no contrato, respectando en todo caso a normativa vixente de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

As persoas contratadas mediante estas axudas teñen os seguintes dereitos e obrigas:

1. Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

2. Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

3. Poderán recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que van realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización).

4. Presentar a memoria final da actividade a que se fai referencia no artigo 15.7.b) da convocatoria.

As entidades beneficiarias e as persoas contratadas teñen como obriga específica de publicidade adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias das axudas, así como as persoas contratadas con cargo a elas, deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto, nas accións de difusión, así como nos resultados da produción científica e calquera outra acción que se realice ao abeiro destas axudas deberá figurar, expresamente, o cofinanciamento das actuacións con fondos do Programa de axudas de atracción e retención de talento, modalidade retención, da Xunta de Galicia (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional), que irá acompañado, sempre que sexa posible, do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

ANEXO III

Áreas da modalidade de retención

– Bioloxía:

• Fundamental e de sistemas.

• Bioloxía vexetal, animal e ecoloxía.

• Bioloxía, explotación ambiental de recursos mariños.

– Educación Ambiental.

– Filoloxía e Filosofía.

– Física e Ciencias da Terra (edafoloxía e química agrícola).

– Historia e Arte.

– Lingüística Xeral.

– Psicoloxía Social.

– Química e Tecnoloxía Química.

– Sustentabilidade Social e Economía Circular e Sustentable.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file