Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), ao propietario da concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), que aparece no anexo, para ser notificado por comparecencia dun requirimento de documentación.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de febreiro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración

22528263Q

Requirimento de documentación

San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)