Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 11964

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 8 de febreiro de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Abrente, de Sanxenxo.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Abrente, de Sanxenxo, solicita a modificación da autorización do centro por ampliación de 1 unidade de educación especial e a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Administración de sistemas informáticos en rede.

Logo da tramitación do expediente de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a ampliación de 1 unidade de educación especial e suprimir o ciclo formativo de grao superior (CS) Administración de sistemas informáticos en rede, quedando o centro configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Abrente.

Código do centro: 36016024.

Enderezo: rúa Pombal, s/n.

Localidade: Adina (Santa María).

Concello: Sanxenxo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Adigna, Sociedad Cooperativa Limitada.

Composición resultante:

Educación infantil : 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Educación especial: 2 unidades.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional