De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación da dita zona.
Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.
A Coruña, 4 de febreiro de 2020
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesado |
Acto que se notifica |
Zona de concentración |
32806797B |
Acordo de reestruturación |
San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) |
32469780J |
Acordo de reestruturación |
San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) |
32806796X |
Acordo de reestruturación |
San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) |