Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 3 de febreiro de 2020, da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21.5.2014), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar deberán pórse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 41 77 67 ou 982 41 79 12.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á sua publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Monforte de Lemos, 3 de febreiro de 2020

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do paciente:

Arnal Escobar Antonio José.

Campo Touzón José Antonio.

Monteiro da Silva Manuel Antonio.

Matei --- Ciprian Liviu.

Klappenbach Minotti Augusto Ángel.

Fernández Padrón Magdalena Alexandra.

Estévez Jorge Luis.

Barreiro Santos Iván.

Ferrero Núñez María del Carmen.

Blanco Carneiro Carmen.

Romeiro de Souza Onofra.

Martins de Sousa Antonio.

Pérez Estramil Nelson.

Rodríguez Varela María Amparo.

Díaz Díaz María de los Ángeles.

Kaabouchi --- Chahouata.

López Thornhill Daniel.

Da Silva Oliveira Helder Manuel.

Ozdemir Ayuso Luis Mikail.

Hernández Castillo Mighael Museth.

Prado Fraga José Antonio.