Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO da modificación puntual número 7 do planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural do Bordón.

Aprobado inicialmente, por acordo plenario con data do 16.1.2020, o proxecto de modificación puntual número 7 do planeamento de Lourenzá para a delimitación do núcleo rural do Bordón, de data novembro/2019, presentado por Mª Elena Fernández Fanego e redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P., de conformidade co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, tanto o instrumento de planeamento como o expediente sométense a información pública por prazo de dous (2) meses, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Ademais, o anuncio publicarase en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, das 9.00 ás 14.00 horas, para que se fagan as alegacións que se xulguen pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (enderezo https://concellodelourenza.sedelectronica.gal).

A presente aprobación inicial de modificación puntual do planeamento comporta a suspensión de licenzas de conformidade co disposto no artigo 47 da citada lei do solo naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, coas excepcións previstas no Regulamento da lei do solo e que se corresponden coas seguintes parcelas catastrais:

Referencias catastrais

27027B002003950000LP

27027B002003960000LL

27027B002003970000LT

27027B002003980000LF

27027B002003990000LM

27027B002004000000LM

27027B002004010000LO

27027B002004020000LK

27027B002004040000LD

27027B002004050000LX

Esta suspensión extinguirase pola aprobación definitiva dos instrumentos de planeamento e, en todo caso, polo transcurso de dous anos desde a aprobación inicial.

Lourenzá, 24 de xaneiro de 2020

Rocío López García
Alcaldesa