De conformidade co artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, o 4 de febreiro de 2020, do proxecto da liña de alta tensión a 66/220 kV desde a subestación do parque eólico Pico Touriñán ata a subestación de Tivo, concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Moraña, Portas e Caldas de Reis (Pontevedra), promovido por Enel Green Power España, S.L.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático