Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0299/2019 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puidesen efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa avda. María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0299/2019

David Burgos Beltrán

Proposta

A instrutora

CON-PO-0316/2019

Jesús Soaje Graña

Proposta

A instrutora

CON-PO-0339/2019

Alfonso Moldes González

Resolución

O xefe territorial

CON-PO-0003/2020

Jose Luis M. Román Cabello

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0007/2020

Almudena López Prados

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0009/2020

Francisco José Nuñez Iglesias

Incoación

O xefe territorial