Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11302

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (Diario Oficial de Galicia número 152, do 12 de agosto).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas (anexo) na convocatoria de 2019, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.514A.781.0 para o financiamento de proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Expediente

NIF

Beneficiaria

Ano 2019

Ano 2020

Total concedido

209E-2019/02

G15047707

Confraría de Pescadores de Corcubión

6.612,50 €

0,00 €

6.612,50 €

209E-2019/04

G15035108

Confraría de Pescadores de Mugardos

3.986,11 €

0,00 €

3.986,11 €

209E-2019/07

G15032642

Confraría de Pescadores de Rianxo

14.386,86 €

0,00 €

14.386,86 €

209E-2019/08

G15043953

Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz

0,00 €

6.058,80 €

6.058,80 €