Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 3 de febreiro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-65/2019 por infracción leve en materia de turismo.

Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador núm. OU-S-65/2019, do xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

A persoa interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia na dependencia da Área Provincial de Turismo, na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro; todo isto, sen prexuízo de que a persoa interesada poida interpoñer calquera outro que xulgue oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme; deberase aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.

O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non se efectuar o ingreso no citado prazo, procederase a súa exacción pola vía constrinximento, segundo o disposto na Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 3 de febreiro de 2020

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-65/2019.

Titular sancionado: Graciane Maximo de Morais.

Establecemento: El Francés.

Domicilio: estrada nacional 532, kilómetro 12, Feces.

Localidade: Verín.

Resolución: 15 de xaneiro de 2020.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300) euros.