Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2020 pola que se notifica o Acordo do 24 de outubro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 226, sito en Vimianzo, relativo ao proxecto 01544 (expediente 2019/000708).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Dolores Lema Pose o Acordo do 24 de outubro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 226, sito en Vimianzo, relativo ao proxecto 01544 (expediente 2019/000708), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación á persoa expropiada, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01544-Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, clave: AC/06/140.01.75.

Nº de expediente: 2019/000708.

Persoa que se vai notificar: Dolores Lema Pose.

Expropiante: CIM. Servizo Provincial da AXI da Coruña.

Expropiada: Dolores Lema Pose.

Beneficiaria: Autoestrada Costa da Morte, S.A. (Soc. Conc. Xunta de Galicia).

Predio nº: 226.

Concello: Vimianzo.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do xurado: 6.703,20 €.