Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal da Sofor Santa Juliana, S.L. (código PO-00011150H) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal
PO-00011150H, así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, da Sofor Santa Juliana, S.L., na parroquia de Santiago de Cereixido, no concello da Fonsagrada.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º) e na seguinte ligazón:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 29 de xaneiro de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo