Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente SAN-CO-0114/2019 IA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

SAN-CO-0114/2019 IA

76412414C

Proposta de resolución