Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións do procedemento sancionador por infraccións das persoas beneficiarias de prestacións por desemprego do expediente 22/07/2019/2.1.E e cinco máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social, ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúanse estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpor recurso, ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles as persoas interesadas que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 30 de xaneiro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

George Cristian Palas

22/07/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Castro de Rei

2

Iriana Inés Lara Martínez

19/08/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

3

Liliana López Rodríguez

14/08/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

4

Nicoleta Oltean

18/09/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribadeo

5

Roberto Losada Barea

25/09/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Monforte de Lemos

6

Víctor Baena Gutiérrez

05/09/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilalba