Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10347

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e o emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 163, do 29 de agosto).

A Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e o emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A) (Diario Oficial de Galicia núm. 163, do 29 de agosto), establece, no seu artigo 4, que a concesión das axudas previstas para o ano 2019 nesta orde estará suxeita á existencia do crédito orzamentario e que, de ser o caso, segundo o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se publicará mediante resolución da persoa titular da secretaría xeral competente da xestión do programa o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 14 de agosto, seguindo a súa orde de entrada, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas, na aplicación orzamentaria 09.40.322C.470, código de proxecto 2016 00309.

A última solicitude resolta favorablemente ao abeiro da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470, código de proxecto 2016 00309, cunha contía de 2.072.789 euros, foi o expediente TR342A 2019/97-1, presentado o día 26 de setembro de 2019 na sede electrónica.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

RESOLVE:

Dar a coñecer o esgotamento do crédito dispoñible para as axudas convocadas pola Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e o emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con data do 26 de setembro de 2019, ás 18.50.56 horas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego