Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10383

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

Guillermo Evia Pérez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega

económica do IET

Data de

sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola Paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe nas áreas de especial interese paisaxístico Meandros do Lérez e Serra do Cando

Modificar o contido da cláusula terceira do convenio, asinado o 8.1.2019, para facer un reaxuste de anualidades

Sen achega económica

10.10.2019

Protocolo xeral de actuación entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e o Concello de Porto do Son para a posta en valor da Guía de estudos da paisaxe urbana

Definir o marco xeral de colaboración entre as dúas partes asinantes para valorizar e poñer en práctica, dun modo pioneiro nos pobos mariñeiros de Galicia, a Guía de estudos da paisaxe urbana, coa que se pretende dispoñer dunha metodoloxía adaptada á realidade urbana do concello que permita a elaboración dos estudos da paisaxe urbana no planeamento urbanístico xeral

Sen achega económica

14.10.2019

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Universidade de Vigo a través da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía para a elaboración dunha guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas

Prorrogar ata o 30.6.2020 o convenio, asinado o 16.11.2018 e, consecuentemente, modificar as cláusulas terceira, cuarta e o anexo II para facer un reaxuste nas datas de entrega dos traballos e na xustificación das entregas.

Sen achega económica

16.12.2019