Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de corrección de erros detectados na aprobacion definitiva do Plan de sectorizacion do ámbito SAUR 4 en Pastoriza.

O Pleno da corporación, en sesión do día 28 de novembro de 2019, acordou corrixir os erros materiais detectados na aprobación definitiva do expediente número 38/2014.PSEC do Plan de sectorización do ámbito SAUR-4, en Pastoriza (aprobado definitivamente polo Pleno da corporación na sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2017 e publicada a súa normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 2017, do 15 de novembro de 2017).

Para estes efectos, publicouse anuncio que detallaba os erros que se corrixen no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 234, do 10 de decembro de 2019.

Contra o acordo do Pleno da corporación do 28 de novembro de 2019, de corrección de erros, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Arteixo, 11 de decembro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 1603/2019, do 1 de xullo, modificado
polo Decreto 2842/2019, do 23 de novembro)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo