Neste órgano xudicial Comercial de Inmuebles Las Eiras, S.L. e outro interpuxeron recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Vigo, sobre a Resolución do Pleno do Concello de Vigo, do 24 de xullo de 2019, de aprobación definitiva do instrumento de medidas provisionais de ordenación urbanística, previsto no artigo 88 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (expediente 16022/411), que se tramita como procedemento ordinario 4220/2019.
Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 3 de decembro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2020
José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza