Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2020 pola que se notifica o traslado do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/251/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 20 de setembro de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Cabeiro, parroquia de Santo Estevo de Negros, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Antonio Gómez Fernández, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística