Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2020 de convocatoria de actas previas á ocupación, por expropiación forzosa, dos bens e dereitos para a execución das obras do proxecto denominado modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), en virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, acordou someter a información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos dos concellos das Neves e de Salvaterra de Miño e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o proxecto modificado da ETAP da Plisan, zona de captación, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulasen as observacións e reclamacións que xulgaran convenientes.

Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 17 da Lei de expropiación forzosa, e nos artigos 16 e 17 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, tamén se someteu a información pública, polo mesmo prazo dun mes, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que as persoas afectadas presentasen cantas alegacións ou rectificacións considerasen oportunas en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa de expropiacións. Para tal efecto, notificouse este anuncio ás persoas que aparecen afectadas e ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Durante os citados trámites non se presentou ningunha alegación.

De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, o Consello da Xunta de Galicia, na sesión do 30 de xaneiro de 2020, acordou a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos para a execución das obras do proxecto denominado modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación, así como en calquera das modificacións que sexan necesarias realizar para a súa execución.

En virtude do artigo 52.1 da citada Lei de expropiación, co citado acordo entenderase cumprido o trámite de declaración de necesidade de ocupación dos bens que serán expropiados segundo o citado proxecto e dará dereito á ocupación inmediata.

O punto 2 do citado artigo establece que se notificará aos interesados o día e a hora en que se levantará a acta previa á ocupación cunha antelación mínima de oito días. Coa mesma anticipación publicarase nos taboleiros de edictos oficiais, nun xornal da localidade e en dous diarios da capital de provincia, se os houbese.

En consecuencia, acórdase:

Convocar e citar os posibles titulares dos bens e dereitos afectados que aparecen no anexo para o levantamento das actas previas á ocupación, as cales se levarán a cabo no salón de plenos do Concello das Neves, praza da Cristiandade, 1, o día 28 de febreiro de 2020, ás 10.00 horas.

Nas ditas actas recolleranse as manifestacións e os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos, de ser o caso, derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar do predio se o consideran necesario.

Para proceder ao levantamento destas actas, deberán comparecer todos os titulares persoalmente, presentar o NIF e copia deste, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder notarial suficiente do que, igualmente, achegarán copia. Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello das Neves, no xornal da localidade e en dous diarios da capital da provincia correspondente. Ademais, notificaráselle ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Tamén, notificaráselles individualmente aos titulares dos predios que figuran no listado anexo, a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas previas á ocupación.

Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convocatoria e citación de actas previas á ocupación para os titulares que aparecen no anexo de expropiación do proxecto modificado da ETAP da Plisan, zona de captación

Día

Hora

Núm. orde

Referencia

catastral

Polígono

Parcela

Tipo solo

Uso solo

Superficie

Titular

Domicilio

Total parcela (m²)

28.2.2020

10.00

1

36034A16100110

161

110

Rural

RI Árbores de ribeira

5.326

Descoñecido

---

28.2.2020

10.00

2

36034A16101647

161

1.647

Rural

MT Matogueira

129

Descoñecido

---

28.2.2020

10.00

3

36034A16101646

161

1.646

Rural

MT Matogueira

82

Tiago González, Constante

Lg. Chan, Tortoreos, 67, Pl Cs

36449 As Neves

28.2.2020

10.00

4

36034A16100106

161

106

Rural

RI Árbores de ribeira

177

Alonso Antes, José

Liñares,

36449 As Neves

28.2.2020

10.00

5

36034A16100107

161

107

Rural

RI Árbores de ribeira

129

Beceiro Beceiro, Andrés

Avda. Alcalde Gregorio Espiño, 27- 3º A,

36205 Vigo

28.2.2020

10.00

6

36034A16100105

161

105

Rural

RI Árbores de ribeira

122

Rodríguez Castro, María Alicia

Avda. Pizarro, 51, 8º B,

36204 Vigo

28.2.2020

10.00

7

36034A16100108

161

108

Rural

RI Árbores de ribeira

133

Santos Lira, María

Liñares,

36449 As Neves

28.2.2020

10.00

8

36034A16100109

161

109

Rural

RI Árbores de ribeira

343

Rodríguez Castro, María Concepción

R/ Nicaragua, 12, 5º B,

36203 Vigo

28.2.2020

10.00

9

36034A16101645

161

1.645

Rural

MT Matogueira

108

González Rocha, Argimiro (hros. de)

Liñares, A Cruz, núm. 22,

36449 As Neves

28.2.2020

10.00

10

36034A16101644

161

1.644

Rural

MT Matogueira

89

Avalle Alcántara, Victoriano

R/ Constitución, 5, 4º I,

36860 As Neves