Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9806

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2020 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de Goberno do 30 de xaneiro de 2020, no cal se aproba a modificación da relación de postos de traballo.

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña, na súa reunión do día 30 de xaneiro de 2020, adoptou o acordo de aprobar a modificación da relación de postos de traballo desta universidade, nos termos que se sinalan no anexo, acordo sobre o que emitiu informe favorable o Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña na sesión do 30 de xaneiro de 2020.

Visto este acordo, así como o informe favorable da Consellería de Facenda, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

RESOLVE:

Que se publique no Diario Oficial de Galicia a modificación da relación de postos de traballo desta universidade que se relaciona no anexo.

A Coruña, 3 de febreiro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Na vixente relación de postos de traballo da Universidade da Coruña prodúcense as seguintes modificacións:

1. Adaptación das denominacións das vicerreitorías consonte o establecido na Resolución do 14 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a estrutura orgánica dos servizos centrais da UDC:

Táboa de equivalencias

Denominación na RPT vixente

Nova denominación

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade

Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes

Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente

Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente

Vicerreitoría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade

Vicerreitoría de Economía e Planificación Estratéxica

Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade

2. Postos que se crean:

Nº de posto

Posto

Vacante

C. destino

C. específico

Tipo

Provisión

Subgrupo

Escalas especiais

Subescalas

Titulación académica

Quenda

Campus

Formación específica

Observacións

Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade

Secretaría

748

Secretario/a

21

596,54

S

LD

A2/C1

-

-

-

M

C

-

-

Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes

Secretaría

749

Secretario/a

S

21

596,54

S

LD

A2/C1

-

-

-

M

C

-

-