Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 29 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade de dous parques de cultivos mariños situados na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Advertido un erro no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 238, do 16 de decembro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 53326, onde di: «...Novo titular: Rafael Sánchez Padín (***6237**)...», debe dicir: «...Novos titulares: Rafael Sánchez Padín (***6237**) e María Rosario Chantada Millán (***6318**)...».