De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, punto b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.
A Orde do 12 de xullo de 2019 ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas e convocar en réxime de concorrencia competitiva a seguinte liña incluída no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020:
Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1: apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, procedemento MR419A).
Esta submedida está cofinanciada nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,5 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % con fondos Feader e efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00182).
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas (anexo) ao abeiro da Orde do 12 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020
O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
Beneficiarios e subvencións das axudas correspondentes á submedida 4.1: apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, procedemento MR419A)
Expediente |
DNI |
Nome |
Axuda |
15/00458/19 |
***3650** |
Aldeagreen, S.L. |
41.867,00 |
32/00196/19 |
***4399** |
Cabido Fernández, Francisco Javier |
4.958,68 |
32/00195/19 |
***3150** |
Casal Ledesma, Miguel |
4.950,00 |
36/00148/19 |
***6563** |
Cultivos Casaita, S.L. |
33.486,29 |
27/00537/19 |
***5533** |
Deremetz, Jonathan Francois |
2.902,92 |
15/00452/19 |
***3766** |
Ecoarandano, S.L. |
19.533,69 |
15/00444/19 |
***4880** |
Horta Bertoa, S.C. |
11.938,50 |
15/00450/19 |
***3157** |
Lata Rodríguez, Aitor |
6.202,65 |
27/00540/19 |
***5697** |
Miranda Vidueiro, Javier |
24.844,50 |
15/00456/19 |
***2992** |
Molina Somoza, Jorge |
10.301,12 |
15/00449/19 |
***4830** |
Plantagalia, S.L. |
32.317,60 |
27/00539/19 |
***4272** |
Riveiro Lage, Óscar |
2.331,00 |
36/00149/19 |
***3819** |
Rodríguez Giráldez, Juan Lorenzo |
8.589,86 |
15/00454/19 |
***7367** |
Sánchez Raña, Atenea |
6.030,48 |
27/00541/19 |
***3321** |
Taboada Paz, Diana |
4.034,80 |
15/00451/19 |
***7722** |
Viveiros Compostela SAT N 974 Xug |
15.357,97 |
27/00538/19 |
***2974** |
Viveiros Terra Chá, S.L. |
8.181,00 |
36/00150/19 |
***5334** |
Viveros San Campio, S.L. |
76.497,07 |
15/00453/19 |
***0744** |
Viveros y Serv. Agrar. Sinde O Val |
6.499,50 |