O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019, que se incorpora como anexo desta resolución e da relación de convenios que non foron publicados no seu día, correspondentes a anteriores cuadrimestres do ano 2018 e 2019 incorporados como anexo II.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total (€) |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i Biosanitario. |
3.9.2019 |
47.500 |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i Biosanitario. |
3.9.2019 |
504.000 |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) para o desenvolvemento de programas de I+D+i nos centros oceanográficos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. |
3.9.2019 |
120.000 |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i Biosanitario. |
3.9.2019 |
338.000 |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para o desenvolvemento de programas de I+D+i Biosanitario. |
3.9.2019 |
648.000 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América para o Programa de bolsas da Xunta de Galicia-Fulbright. |
9.9.2019 |
432.000 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para a concesión dunha axuda destinada á contratación dunha investigadora. |
9.9.2019 |
13.500 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia para fomentar a transferencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia. |
17.9.2019 |
241.500 |
2ª addenda ao convenio asinado o 26 de outubro de 2018 entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, XesGalicia Sociedade Xestora de entidades de investimento de tipo cerrado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedade de Capital de Risco, S.A., S.M.E., para o desenvolvemento da sexta edición do programa ViaGalicia. |
27.11.2019 |
Sen achega económica |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica de España S.A.U., para o desenvolvemento da iniciativa Galicia Open Future: retos industria 4.0. |
28.11.2019 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o HUB de carácter estratéxico Asociación para a dixitalización da industria de Galicia, para o financiamento das actuacións necesarias para a posta en marcha do HUB de innovación dixital. |
16.12.2019 |
200.000 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o HUB de carácter estratéxico DIH Datalife para o financiamento das actuacións necesarias para a posta en marcha do HUB de innovación dixital. |
16.12.2019 |
200.000 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o HUB de carácter estratéxico Asociación para a dixitalización da industria de Galicia, para o financiamento das actuacións necesarias para a posta en marcha do HUB de innovación dixital. |
31.12.2019 |
Sen achega económica |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o HUB de carácter estratéxico DIH Datalife para o financiamento das actuacións necesarias para a posta en marcha do HUB de innovación dixital. |
31.12.2019 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Asociación Clúster del Naval Gallego (Aclunaga), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e de Mariscos-Centro Tecnológico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (Anfaco-Cecopesca), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), a Asociación Clúster TIC de Galicia (Clúster TIC Galicia) e o Clúster do Sector Téxtil-Moda de Galicia (Cointega) para dinamizar a participación das empresas galegas no marco do proxecto C-Voucher, financiado polo programa europeo Horizon 2020. |
26.12.2019 |
15.810 |
ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de outubro e decembro de 2018 e febreiro, maio e agosto de 2019
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total (€) |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U. (XesGalicia), a Fundación CEL iniciativas por Lugo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Indra Sistemas, S.A. (Indra) e Babcock Mission Critical Services España, S.A., (Babocock), para a posta en marcha da Aeronautics Business Factory-ABF. |
3.10.2018 |
4.750.000 |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U. (XesGalicia) e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), para a posta en marcha dun foco de emprendemento no sector alimentario de Galicia (Business Factory Food-BFF). |
5.12.2018 |
6.195.979,50 |
1ª addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U. (XesGalicia) e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), para a posta en marcha dun foco de emprendemento no sector alimentario de Galicia (Business Factory Food-BFF). |
4.2.2019 |
Sen achega económica |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U. (XesGalicia), a Fundación CEL iniciativas por Lugo, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Indra Sistemas, S.A. (Indra) e Babcock Mission Critical Services Fleet Management, S.A. para a posta en marcha da Aeronautics Business Factory-ABF. |
14.5.2019 |
Sen achega económica |
II convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Cerrado, S.A.U. (XesGalicia), o Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigoactivo Sociedade de Capital Risco de Réximen Simplificado, S.A. (Vigoactivo), Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. (PSA), para a continuidade dun foco de emprendemento no sector da automoción en Galicia (Business Factory Auto-BFA) |
8.8.2019 |
13.030.000 |