Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9385

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o terceiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública Augas de Galicia e o Concello do Saviñao para a execución de melloras no bombeo de auga tratada da ETAP a depósitos de distribución do Saviñao. Concello do Saviñao (Lugo)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello do Saviñao que permitan ao concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de mellora no bombeo de auga tratada da ETAP a depósitos de distribución do Saviñao. Concello do Saviñao (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

59.259,48 €

24.9.2019

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a

Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª, letra g), do parágrafo segundo do prego de bases á que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis.

392.535,78

30.9.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arteixo para a execución da actuación de mellora do sistema de abastecemento e saneamento público nas parroquias de Larín e Monteagudo, do rural do concello de Arteixo (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

11.10.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Foz para a execución de actuacións de saneamento e depuración en Foz, Concello de Foz (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

11.10.2019

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos para a organización de difusión das xornadas O papel da enxeñaría na redución do risco de inundación

Organizar unhas xornadas destinadas a persoal técnico, fundamentalmente da Administración local, ou que traballe para esa Administración, enfocadas a explicar os plans de xestión de risco de inundación e os últimos cambios normativos nesta materia, elaborando para iso documentos de presentación, difusión e conclusión e difundindo a súa celebración a través dos correspondentes medios de difusión

8.000,00 €

8.11.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vigo para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

10.12.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cospeito para a execución da actuación de abastecemento no concello de Cospeito (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

17.12.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de Medio Ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización da mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

3.136.813,06

19.12.2019

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mesía para a execución da actuación de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía. Fase I. Concello de Mesía (A Coruña)

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

20.12.2019

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Melide para a execución da actuación de mellora do saneamento na parroquia de Santa María. Concello de Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

20.12.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para o saneamento en Herbón, A Aduana, O Paraíso e O Pombal. Concello de Padrón (A Coruña)

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

20.12.2019

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mazaricos relativo ás actuacións de mellora da accesibilidade ao Coto Xallas-Beba

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Mazaricos para que, unha vez executadas as obras de mellora da accesibilidade ao Coto Xallas-Beba, se formalice a entrega ao Concello de Mazaricos das infraestruturas que se atopen no seu termo municipal.

Sen custo económico

20.12.2019

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a execución da actuación de mellora do saneamento da parroquia de Tenorio. Concello de Cotobade (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

23.12.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pantón para a execución da actuación para a captación, depósito e abastecemento á parroquia de Tribás. Pantón (Lugo)

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

23.12.2019

Terceira addenda ao acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade, a través do Laboratorio de Saúde Pública, para o control da calidade das augas soterradas dentro do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

Prorrogar a vixencia do acordo de colaboración por un prazo de 4 meses

63.428,16 €

26.12.2019

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a sociedade mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A., para a execución das obras da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ribeira

Aumentar o orzamento estimado da actuación respecto do da terceira addenda e realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das actuacións recollidas na addenda

22.385.000,00 €

27.12.2019