Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2020 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/326/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de decembro de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes en reforma e ampliación dunha construción para a implantación dun uso residencial na rúa Canda, nº 7 A, parroquia de Salcedo, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Mónica López Golobardas e David Pérez Núñez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística