Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 8731

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 106, do 6 de xuño), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2020

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Corcubión para o financiamento da Redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do casco histórico.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Corcubión para a redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do casco histórico (PEPOCH).

2 de setembro de 2019

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilasantar para o acondicionamento da rúa Foro en Présaras.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vilasantar que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da rúa Foro en Présaras.

10 de setembro de 2019

45.753,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Veiga, para a dotación do equipamento do observatorio astronómico na Veiga.

Regular a colaboración específica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Veiga co fin de dotar do equipamento necesario para a posta en funcionamento do Observatorio Astronómico da Veiga.

16 de setembro de 2019

180.268,04 €

3ª Addenda de modificación, para o exercicio 2019, en relación co pacto ambiental subscrito entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (actual Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda), e a empresa Ence Energía y Celulosa, S.A. o 28 de xuño de 2016 e có Convenio de colaboración subscrito entre as mesmas partes o 28 de xullo de 2016.

Modificación del pacto ambiental y do convenio de colaboración.

16 de setembro de 2019

Sen achega económica

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería do Medio Rural para facilitar o acceso dos axentes facultativos ambientais e dos axentes forestais auxiliares á nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

O desenvolvemento accións formativas, previstas na cláusula terceira do acordo entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería do Medio Rural, asinado o 16 de marzo de 2017, para facilitar o acceso dos axentes facultativos ambientais e dos axentes forestais auxiliares á nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

4 de outubro de 2019

94.784,00 €

Addenda nº 3 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico e barrio de San Lázaro do Concello de Verín.

Modificación do contido da cláusula segunda -compromisos da Xunta de Galicia-, da cláusula terceira -compromisos do Concello de Verín- e da cláusula sétima -vixencia do convenio-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervinientes neste.

16 de outubro de 2019

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ordes para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ordes que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora Campo da Feira do Mesón do Vento (Ardemil).

16 de outubro de 2019

35.626,70 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Palas de Rei, para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Palas de Rei, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución de beirarrúas en «Lavadoiro» e «O Muíño».

16 de outubro de 2019

34.740,16 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oímbra, para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oímbra, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da entrada da aldea de San Cibrao.

17 de outubro de 2019

35.336,47 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Crecente para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Crecente, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e ensanche do camiño Capela-Coedros (Quintela).

23 de outubro de 2019

35.576,97 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oia para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oia, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do camiño en Bonava.

25 de outubro de 2019

27.585,24 €

Addenda nº 2 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oza-Cesuras.

Modificación do contido da cláusula segunda -compromisos da Xunta de Galicia-, da cláusula terceira -compromisos do Concello de Oza-Cesuras- e cláusula novena -vixencia do convenio-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervinientes.

28 de outubro de 2019

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Leiro para a rehabilitación dunha pasarela colgante sobre o río Avia.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Leiro, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal las as obras consistentes na rehabilitación dunha pasarela colgante sobre el río Avia.

4 de novembro de 2019

49.981,05 €

Addenda nº 6 ao Convenio entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección da cidade histórica do Concello de Santiago de Compostela.

Modificación do contido da cláusula segunda -compromisos da Xunta de Galicia-, da claúsula terceira -compromisos do Concello de Santiago de Compostela- e a cláusula sétima -vixencia do convenio-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes.

6 de novembro de 2019

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribeira para o financiamento da redacción do proxecto do novo auditorio municipal.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira para a redacción do proxecto básico e de execución do novo auditorio municipal de Ribeira e o seu contorno.

12 de novembro de 2019

129.470,00 €

Addenda nº 6 ao Convenio entre a extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ourense para o financiamento da redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ourense.

Modificar o punto 1 da cláusula segunda do convenio e a vixencia establecida na cláusula sétima.

3 de decembro de 2019

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quiroga para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quiroga, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora e humanización de espazos públicos urbanos en Quiroga.

4 de decembro de 2019

53.170,97 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Beariz para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Beariz, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de rúa no lugar de Alvite.

4 de decembro de 2019

81.666,56 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Redondela para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Redondela.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Redondela.

9 de decembro de 2019

253.746,90 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Cualedro para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Cualedro, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción dunhas piscinas municipais.

16 de decembro de 2019

319.152,94 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Friol para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Friol, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na edificación e urbanización do contorno do club fluvial de Friol.

16 de decembro de 2019

523.081,84 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Marín para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Marín, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da rúa A Estrada entre rúa Méndez Nuñez e rúa Concepción Arenal.

17 de decembro de 2019

251.361,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de Medio Ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga.

Regular a cooperación entre as partes cara á programación e desenvolvemento de análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

19 de decembro de 2019

Sen achega económica

Addenda nº 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Taboadela, para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

27 de decembro de 2019

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Avión, para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

30 de decembro de 2019

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Nogueira de Ramuín, para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

30 de decembro de 2019

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

ANEXO II

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Modificar as cláusulas sétima relativa á vixencia, segunda dos gastos subvencionables e décimo terceira da xustificación

29 de abril de 2019

Sen achega económica