Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Avipor Silleda, S.L. para a explotación industrial porcina tipo mixto e para a explotación avícola de galiñas de posta para consumo, situadas no lugar de Gumarín, parroquia de Saídres, concello de Silleda (expediente 2019-IPPC-M-122).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública durante un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Procedemento revisión de autorización ambiental integrada.

para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-122.

Número da autorización ambiental integrada: 2014-IPPC-97-321.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a, grupo 9.3.c.

Titular: Avipor Silleda, S.L.

CIF: B36324416.

Domicilio social: estrada da estación, nº 24-26, Silleda (Pontevedra).

Localización da instalación: lugar de Gumarín, parroquia de Saídres, Silleda (Pontevedra).

Actividade principal: explotación porcina industrial tipo mixto e explotación avícola de galiñas de posta para consumo.

Descrición da explotación porcina: a explotación porcina industrial tipo mixto consta de 900 porcas nais, das cales 675 se explotan en ciclo pechado e as restantes 225 en ciclo mixto con leitóns ata 20 kg. Ademais, conta con 4 verróns para a inseminación das porcas nais. A explotación dispón dun sistema de fosas interiores e exteriores cubertas para o almacenamento do xurro producido en seis meses.

Descrición da explotación avícola: conta con 62.760 galiñas poñedoras para consumo dispostas en dúas naves con gaiolas acondicionadas en batería. A explotación ten previsto aumentar a súa capacidade ata un total de 106.700 aves coa construción dunha nova nave con similar sistema de produción que as existentes e unha esterqueira de 2.437,5 m³ para o almacenamento do esterco producido en seis meses.

Verteduras: as aguas xeradas na limpeza das naves e as residuais xeradas nos aseos e baños do conxunto das explotacións (porcina e avícola) son recollidas e conducidas cara ao sistema de fosas de xurro e xestiónanse conxuntamente con este. Os lixiviados xerados na esterqueira irán mediante un sumidoiro e canalización a unha fosa de xurro, xestionándose conxuntamente con este. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro e o esterco xerados serán valorizados como fertilizante en parcelas de uso agrícola.