De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que considere oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 del mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato siguiente. O pagamento realizase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Lugo, 15 de xaneiro de 2020
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-S-2/2018.
Denunciado: Zulma Elizabeth Portugal Silva.
Establecemento: café-bar Flavia.
Enderezo: rúa Calvo Sotelo, 61-63.
Localidad: Sarria.
Precepto infrinxido: artigo 35, alíneas f) e i) da Lei 7/2011.
Tipo de infracción: artigo 109.2, alínea b) da Lei 7/2011.
Calificación: leve.
Resolución: 28 de novembro de 2019.
Sanción: multa de douscentos euros (200 €).