Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9004

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2020, da Xerencia de Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de enfermeiro/a da Área Sanitaria de Ferrol.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas (DOG núm. 208, do 31 de outubro) e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente de Área Sanitaria de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de enfermeiro/a, así como as bases que rexerán a convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (FIDES expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Ferrol, na intranet da A.S. Ferrol e no punto de atención ao traballador/a.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos da Lei 39/2015, do 1 de outubro, procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 24 de xaneiro de 2020

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Área Sanitaria de Ferrol