Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, concellos do Pino e Touro (A Coruña), promovido por Cobre San Rafael, S.L. (clave 2017/0084).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental da actualización do proxecto de explotación da C.E. San Rafael 2946, concellos do Pino e Touro (A Coruña), promovido por Cobre San Rafael, S.L.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático