Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8366

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR323C).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

Finalidade da subvención: o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

Estas axudas encádranse dentro da medida 4 (investimentos en activos físicos), submedida 4.1 (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas) do PDR de Galicia 2014-2020, que ten como finalidade:

1. Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular, co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

2. Reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,5 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % con fondos Feader, efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.04.712B 772.0. Por tanto,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas (anexo) ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente

CIF

Nome/razón social

Axuda aprobada

4122019000001

F15025810

Cusoviame S. Coop. G

97.238,72 €

4122019000003

F32172322

Cooperativa A Ponte S. Coop. G

674.400,05 €

4122019000004

F32172322

Cooperativa A Ponte S. Coop. G

1.074.607,01 €

4122019000005

F32390593

Sociedad Cooperativa Unimiño S. Coop. G

1.285.303,61 €

4122019000006

F32390593

Sociedad Cooperativa Unimiño S. Coop. G

295.496,65 €

4122019000007

F36030518

Conejos Gallegos Cogal S. Coop.

378.294,50 €

4122019000008

F36030518

Conejos Gallegos Cogal S. Coop.

150.726,50 €

4122019000009

F70183074

Ganadería de Pazos S. Coop. G

529.750,00 €

4122019000010

F27317593

Aira S. Coop. G

263.767,20 €

4122019000011

F15000177

Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, S. Coop. G

250.000,00 €